Domingo 7 decembro de 2014 • 22:00 h Música | 7€ ant. / 10€ bill.

La Gran Orquesta Republicana (Mallorca), García Mc (HipHop, Galiza)

La Gran Orquesta Republicana (Mallorca), García Mc (HipHop, Galiza)

A diversión e a antimonarquía como obxectivo común. La Gran Orquesta Republicana pretende, a través da mestura tanto de música como de ideas, incitar a bailar e pensar, a rir e pelexar contra a apatía, o aburrimento, o pensamento único e a idiotez que provoca a indiferenza.

Con este texto presentábase esta banda mallorquina alá polo ano 1997, agora 17 anos despois, e tras a súa volta aos escenarios o pasado 2011, despois dun parón de 5 anos, regresan á península os mallorquinos para presentarnos o seu novo traballo Todo es posible, quinto álbum da banda no que recuperan a formación orixinal de 6 compoñentes (batería, baixo, guitarra, dous ventos e voz) e continúan coa súa mestizaxe de diferentes estilos musicais e de letras propias con adaptacións de textos do escritor uruguaio Eduardo Galeano.

Optimismo e antimilitarismo, perfecto para alegrarche o día.

Venda anticipada de entradas en ticketea.com


García Mc (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks…) está a presentar “Abaixo e De Pé” (Vir.) un traballo no que amosa amor e rabia, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra. Será este un concerto de ritmo e oralidade, no que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde un posicionamento claro: Abaixo, e de pé.

A finais do mes de decembro do 2013, despois de gañar o premio ao mellor grupo galego de hip hop e músicas urbanas nos I Premios Galegos da Música Martín Códax con Dios Ke Te Crew, García percorreu México durante dous meses, na xira de presentación de Abaixo e de Pé.

comments powered by Disqus