Domingo 14 decembro de 2014 • 20:30 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.

El Kanka (en formato trío)

El Kanka (en formato trío)

O cantautor malagueño presenta o seu segundo álbum de estudio. Un traballo para o que contou con Juan de Dios Martín (Amaral, Marlango, Xoel López…) na produción e con colaboracións de artistas como o inconfundible Lichis, a gaditana Carmen Boza ou o polifacético Toni Zenet.

Un esperado lanzamento que vén precedido por ‘A desobedecer’, primeiro tema do álbum que se presentou o pasado 10 de abril e que desde entón non parou de recoller boas críticas tanto de prensa como de público. Un tema cargado de actualidade e positividade no que non faltan os ritmos alegres e o refrán pegadizo e que acumulou máis de 20.000 visitas en Youtube en menos de dúas semanas.

El día de suerte de Juan Gómez’ é un paso adiante na carreira do cantautor. Un traballo que recolle a súa madurez e crecemento como artista e que supón a súa confirmación como compositor, escritor e intérprete de gran talento. Un álbum que deixa paso a varios estilos, sen deixar de lado os seus xa famosas letras ás veces reflexivas, outras frescas e irreverentes e a raíz da súa voz, a súa guitarra e a súa música.

Entradas anticipadas á venda no Aturuxo e en ticketea.com.

comments powered by Disqus