Domingo 4 xaneiro de 2015 • 20:30 h Música | 5 €

Why Go (Vigo)

Why Go (Vigo)

Why Go é unha banda con máis dunha década elaborando diferentes traballos con grandes e aclamadas críticas, tanto por público como por medios nacionais e internacionais (Ouèbe Musique de Canadá, Byte FM de Alemania, Mondosonoro, Radio Galega, NewNoiseRadio, etc). Os seus primeiros traballos foron editados por Trastienda Edicións Virtuales de Salamanca, ou pola netlabel Mastertoaster Recordings de Barcelona, entre as que suman máis de 11.000 descargas.

Os vigueses, membros do colectivo galego METAMOVIDA, apostan pola exaltacion de emocións escondidas e a experimentación musical durante as súas actuacións, creando paisaxes sonoras que fagan reflexionar ao oínte.

Neste 2014 presentan o seu segundo álbum, chamado Kara, onde se mesturan de forma especial diversas áreas artísticas. Baixo o formato de libro-disco, unen as súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, utilizando a gran potencia melódica que ofrece a lingua galega como medio de comunicación principal. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal (BSO) onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro dun xénero que ben poderiamos cualificar de popular, ou rural.

O seu álbum Kara en Bandcamp

Máis información na páxina de Why Go en Facebook

Δ (Compás dos desexos) from Why Go on Vimeo.

comments powered by Disqus