Luns 29 decembro de 2014 • 17:30 h Para público familiar | De balde

Que vén o Apalpador!

Que vén o Apalpador!

Para as cativas e cativos:

O Apalpador Volta de novo o próximo luns 29 de decembro ás 17.30 da tarde. Chegará das montañas do leste do país acompañado de todos os seus amigos e amigas.

Fará unha viaxe moi longa só para estar connosco neste día, e é por iso que merece un bo recebimento!

Cativas, Cativos: non podedes perder a oportunidade de velo, que ata o ano non volta!!


Máis detalles sobre o Apalpador:

O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é unha personaxe mitolóxica da cultura galega.

O Apalpador foi unha personaxe descoñecida durante décadas afora as montañas de Lugo ou Ourense na Galiza. En 2006 editouse o primeiro estudo coñecido a respecto del. En 2007 diferentes asociacións culturais iniciaron a súa promoción en cidades como Santiago de Compostela ou Ourense como “Pai Natal galego”). En 2008 saltou á escena informativa xeral, adherindo a súa difusión centros culturais, escolas, contadores de contos, ou entidades como a radio pública galega.

Algúns autores apuntaron a súa conexíon con outros mitos culturais de Europa como Olentzero en Euskadi ou Esteru en Cantabria ou o propio Pai Natal.

Máis detalles:

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?pax=pax5.php

http://www.apalpador.com/

http://agal-gz.org/blogues/index.php/apalpador/

comments powered by Disqus