Xoves 5 febreiro de 2015 • 21:00 h Música | 6 €
Claire Tonna (Malta)
Night Skin (Pel da noite) é un concerto da cantante maltesa Claire Tonna que xira en torno á tenra e forte pel que nos dá a vida cando nos fai enfrontarnos a emocións e experiencias duras. Fálase de confrontar a noite, a soidade, a falla de amor, a depresión, a escuridade e fraxilidade que experimenta a nosa natureza humana, e como hai que deixar que o sufrimento transforme o teu ser.
As composicións relatan como a luz e a escuridade son dous amantes que fan o amor con nós, como nos transforman, nos fan renacer, como fan a nosa pel máis forte e tenra. A noite é clara coma o día, non hai que ter medo desta nai noite, hai que vivila, deixala que te ame e transformar o teu ser, e chegará a facer ben na alma, o corpo, a pel.
Ata agora este espectáculo deixou aos asistentes cheos de poderosas emocións e agradecidos de estar vivos e amados en cada respiro que nos dá a vida.
comments powered by Disqus