Domingo 8 febreiro de 2015 • 20:30 h Música | 4 €
Fiandola (Tradicional)
Fiandola créase na cidade de Compostela no ano 1996. Por aquel entón un grupo de músicos ligados á Universidade de Santiago de Compostela se xuntan para traballar arredor da música tradicional. Desde ese momento o grupo sofre distintos cambios ata chegar á formación actual. No seu ano de formación soben a recoller o premio de gañadores do certame Xuventude‘96 organizado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude xunto cos grupos Silvardeira e Belladona. Froito deste premio inclúen dous temas no traballo discográfico Xuventude‘96. Ao longo destes anos a formación cambiou quedando, na actualidade, tan só dous dos seus membros fundadores.
O seu traballo parte da música tradicional de Galicia que chega a eles a través do traballo de campo e dos cancioneiros e arquivos existentes. E tamén importante o son tradicional nas pezas de composición propia que inclúen no seu repertorio. O baile é o obxectivo final da sua estética musical e do seu directo.
A formación actual de Fiandola traballa buscando novos camiños para o repertorio tradicional, un novo son propio e fresco. Na actualidade, seguimos a conservar Compostela e a súa comarca como centro de operacións e ensaios.
A formación actual está formada por:
- Fran López: frauta, saxo soprano, gaita e voces
- Antonio Suárez: clarinete
- Alberto Barreiro “Warren”: acordeón e voces
- Pili Gonçalves: voces e percusión
- Santiago Budiño: gaita e voces
- Manolo Cobas: percusión e voces
- Marcos Pérez: percusión
Despois de máis de quince anos de vida Fiandola ten tocado xa nos máis importantes festivais de Galicia e mesmo xa visitamos lugares alleos como Cantabria ou Navarra e contamos con varios traballos discográficos como son Xuventude’96 ou Chill Out Celta, xunto a outras formacións; e os traballos en solitario ‘Bricania’ (2005), ‘Mimá!’ (2011) e o recente ‘Volta e media’ (2014)
comments powered by Disqus