Domingo 22 marzo de 2015 • 19:00 h Música | De balde

Buhos (Catalunya)

Buhos (Catalunya)

Buhos é unha das principais referencias festivas da música catalá, con máis de 500 concertos ás súas costas. Despois de anos autoeditándose as súas propias maquetas e distribuíndoas nos seus directos, non foi ata este ano que o grupo decidiu lanzar o seu primeiro disco oficial, Natura salvatge (Natureza salvaxe), da man de Música Global. Unha obra que, ademais de ser un compendio das súas mellores virtudes en directo, supón un salto cualitativo na súa carreira. Unha aposta por unhas melodías máis elaboradas, letras incisivas e de denuncia e un traballo preciso do produtor David Rosell.

Natura Salvatge é un disco coherente, sen fisuras, orgánico, onde o ska rock máis directo e os ritmos reggae son os protagonistas absolutos. Un traballo no que contaron coa complicidade de reputados artistas que quixeron sumarse á súa nova aventura discográfica. Amizades que forxaron compartindo escenario, backstage e sobre todo, moitos momentos de fraternidade. Falamos de Pulpul de Ska-P, Albert Pla , Alguer Miquel e Marcel ‘Perico’ Lázara de Txarango ou Els Catarres ao completo, entre outros.

A recepción do disco foi excepcional. Máis de 45.000 descargas, unha xira con máis de 60 concertos en festivais importantes e as principais festas maiores de Cataluña, ademais de soar as súas cancións nas principais radiofórmulas. Elixidos entre máis de 900 propostas para participar en GPS, o circuíto de salas máis prestixioso de España, e sendo un dos grupos con máis voto popular da actual edición, en marzo de 2015 Buhos lánzase á estrada para presentar as súas credenciais no resto do país.

El Vaso (ver embaixo), composto a medias entre Buhos e Albert Pla foi o primeiro clip do álbum. Estreado en primicia por El Jueves, en toda España, trátase do primeiro lyric vídeo como tal, publicado aquí; unha variante de videoclip onde as letras da canción teñen todo o protagonismo. O primeiro antecedente de lyric vídeo recoñecido é o da canción Subterranean Homesick Blues que Bob Dylan publicou en 1965. É un xénero que está moi de actualidade grazas ao clip Multi Viral de Calle 13.

Máis información:

Entradas anticipadas dispoñibles no Aturuxo e en Bandeed.com

comments powered by Disqus