Sábado 14 marzo de 2015 • 22:00 h Música | 10€ ant. / 13€ bill.
Mala Reputación + Satxa na Leira
Mala Reputación
Na súa anterior entrega deixaron claro que sobordan carácter. Catro anos despois a súa personalidade supera a madurez dando forma ao traballo máis ambicioso e coidado da súa traxectoria. Mala Reputación volven con Eternas Promesas, dez cancións sentidas, emocionantes, reflexivas. Rock a lume lento.
Pasaron máis de quince anos desde que uns adolescentes de Cangues d’Onís (Asturies) empezasen a facer rock. Tres discos en tres anos e intensas xiras convertéronos nun nome cargado de futuro. Alcanzaron a madurez cambiando o ritmo vertixinoso por un camiño máis pausado e firme; donos de si mesmos, profundando no seu estilo coa sabedoría de quen fai as cousas sen présas.
Eternas Promesas é a súa nova referencia. Rock Estatal Records editará o 17 de febreiro dez temas que chaman a sobrevivir, a loitar contra os medos, a atoparse a un mesmo. Fronte ao naufraxio ao que nos levan estes tempos incertos, Mala Reputación reafírmanse nas razóns que os trouxeron aquí. Un tesouro sonoro contra a resignación.
Compoñentes:
- David Rodríguez: voz e guitarra
- Juan Santamaría: voz e guitarra
- Michi Candás: baixo e coros
- Kiko Martínez: batería e coros
Satxa na Leira
Grupo de Santomé (O Morrazo) que misturan estilos como o punk, rock, ska, onde os seus directos se coñecen pola forza e a diversión enriba dos escenarios.
Compoñentes:
- Byktor: Batería
- Rubén Valverde: voz
- Ivan : Gaita e voz
- Dani: guitarra rítmica e voz
- Cristian: solista e coros
- Yago: Baixista
Facebook: SatxaNaLeira / Twitter: @Satxanaleira
—
Entradas anticipadas á venda en Fonte do Galo (Cangas), Ticketea.es e no propio Aturuxo.
comments powered by Disqus