Sábado 28 marzo de 2015 • 20:30 h Música | 8€ ant / 10€ bill.
Dakidarría, Argallada Punk, Solfabirras (RGMV)
Dakidarría
Dakidarría é unha banda formada por 8 músicos que fusiona ska, reggae e punk rock. Apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario e non deixan indiferente a ninguén. Cada concerto da banda é unha descarga de festa e compromiso. Tras sete anos de carreira editaron tres discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008) e “Realidades alienantes…” (Revolution prods 2010). Durante este tempo presentaron o seu proxecto ao redor de toda a xeografía peninsular (ademais dunha xira que os levou a percorrer gran parte da república Mexicana en outubro de 2008), actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.
A banda compartiu escenarios con grupos tanto estatais como internacionais, como Toy, Europe, Macaco, Barricada, Celtas Cortos, Ojos de brujo, Tequila y Rosendo, entre outros; e estiveron en festivais de gran repercusión como o Extremúsica, o Aupa Lumbreiras, ou o DerrameRock.
Argallada Punk
Solfabirras
Entradas adiantadas á venda en:
- Aturuxo Bar
- Bar Labranza
- A Fonte Do Galo Rock And Roll Bar (Cangas)
- A Meiga (Cangas)
- Los Amanece Producciones