Sábado 18 abril de 2015 • 22:00 h Música | 3€
Eleka Familia, Perros Norteños, Mr Fénoh+Demecee+El puto gavacho, Laro & Nota
Eleka Familia:
Crew pertencente a Pontevedra creada hai un ano que sacara o seu primeiro traballo a finais de verán. Os integrantes teñen un total de 7 maquetas entre uns e outros con antigos grupos ou en solitario.
Boom Bap, esencia dos noventa, ritmos fluídos e letras explícitas. Integrantes musicalmente activos: Mc’s (SVC,DOC & S. PUMA), Dj’s (Dj Neurosis),Produtores (Flektor Sounds & Dj Neurosis).
https://soundcloud.com/rayco-enp/doc-monotonia-in-my-garden-ft-djneurosisprod-flektor-sounds
Perros Norteños
Entre o rap, o hip hop, reggae e en xeral todo tipo de música urbana móvense desde hai dous anos e medio o colectivo Perros Norteños, con compoñentes vigueses, algún deles do barrio de Teis, gran canteira do hip hop galego. A pesar da súa curta existencia, individualmente levan traballando máis de oito anos. Está formado por Cammbis, Gaby Lafuente, La Rage e Xperto nas voces e Phelu e Xperto na produción e mestura.
Mr Fénoh + Demecee + El puto gavacho
Mr Fénoh
Desde Pontevedra, presentando o seu último traballo ‘Corazones de hielo’ que saíu á luz o verán pasado, con moita variedade en cada tema, letras rebeldes e de corazón, percorrendo Galicia e montando a festa en cada directo.
Demecee
Desde Bueu, con letras revolucionarias e a realidade do que se vive día a día, e un directo potente, actualmente atópase traballando no seu próximo disco que se espera que saia á luz este verán.
Aínda que cada un ten os seus traballos individuais, ambos levan unha traxectoria xuntos apoiándose mutuamente en cada directo, representando ao colectivo Natural Sound.
Sobre o escenario, nos pratos están apoiados por El Puto Gavacho, dj de Pontevedra.
Laro & Nota
Agrupación recente, amantes da “old skool”. Letras creativas cheas de chiscadelas e mensaxes entre liñas. O hip hop como ferramenta para analizar o mundo. Paixón no que facemos.
http://notamcity.bandcamp.com/releases
comments powered by Disqus