Domingo 3 maio de 2015 • 20:30 h Música | 5€
Foxy Freire (O Morrazo)
Foxy Freire nace no ano 2010 nas Rías Baixas, Galicia. Integran o proxecto: Virxilio da Silva (guitarra e voz), Fernando Sánchez (guitarra), Paco Charlín (baixo) e Max Gómez (batería).
A banda nútrese principalmente do rock de finais dos 60 e principios dos 70. As súas influencias van desde Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream o Grand Funk Railroad, ata bandas máis recentes como Queens of the Stone Age ou Fu Manchu.
Durante os últimos 4 anos pasaron polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal, ofrecendo un espectáculo cheo de enerxía e puro rock and roll.
Actualmente atópanse ultimando detalles do que será o seu primer LP, Mongoose Tree, que verá a luz no próximo mes de maio.
Escoita unha mostra do seu primeiro LP, Mongoose Tree
comments powered by Disqus