Domingo 10 maio de 2015 • 20:30 h Música | 5€
Ataque Escampe
(Foto: Alba Viñas e María Esteirán)
As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.
Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto con Ataque Escampe (2012), entre outros. En 2014 publicaron con Discos da máquina o LP O disco vermello e gañaron o Premio da Música Martín Códax na categoría indie. En 2015 publicarán o librodisco Relatos americanos co artista plástico Misha Bies Golas.
Do pop á americana con paradas no krautrock, na cumbia, no disco, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas.
Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.
Máis información:
comments powered by Disqus