Domingo 7 xuño de 2015 • 21:00 h Música | 8€ ant / 10€ bill.
Luis Pastor
¿Qué fue de los Cantautores?
Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite ¿Qué fue de los Cantautores?, a canción que abre e dá título ao álbum de Luis Pastor publicado no 2012.
Enlazando o spoken word co romanceiro tradicional, o século XXI co XVI, o cantautor estremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor dende os seus comezos nos 60 (“Éramos tan libertarios, casi revolucionarios, ingenuos como valientes, barbilampiños sonrientes…”“) ata hoxe (“…Hay cantautor para rato. Cantautor a tus canciones, Zapatero a tus zapatos”) nunha canción lúcida, realista sen perder o sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa súa cultura.
Pasaron catro décadas e 20 discos dende os seus comezos e, a punto de cumprir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro álbum. Fiel a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música.
¿Qué fue de los cantautores?* é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, un recordo, unha homenaxe e un agradecemento aos que se foron, como queda patente na dedicatoria do álbum: «A todos os compañeiros cantautores que xa non están, pero que nos deixaron o seu exemplo, o seu compromiso e as súas cancións: Ovidi Montllor, Carlos Cano, Chicho Sánchez Ferlosio, Hilario Camacho, Imanol, Labordeta, Quintín Cabrera, Mikel Laboa…». Para combater o esquecemento.
Entradas anticipadas á venda no Aturuxo e mais en Entradium.com
comments powered by Disqus