Sábado 30 maio de 2015 • 22:00 h Música | De balde
Sunnare (Nu-soul, Madrid), Barrio Rojo (Rock, O Deza)
Sunnare
Sunnare é unha banda madrileña de nu-soul influenciada polos sons da música negra, que completa a súa esencia con matices doutros estilos conformando un son limpo e natural. O proxecto nace no ano 2012, froito das inquietudes musicais de catro músicos con traxectorias e influencias diferentes, e desde entón non parou de crecer, soando nos escenarios de Madrid e nalgúns festivais. Nestes directos ofrecen un repertorio composto principalmente de temas propios, que convidan o público a internarse nunha música chea de emoción que non deixa impasible a ninguén.
Grazas ao seu potente groove, as súas harmonías coidadas, as súas letras directas e próximas, unha compacta sección de ventos, e a voz fresca de Eva, Sunnare convértese nunha aposta musical a ter moi en conta no panorama nacional.
Sunnare son partidarios da autoxestión, polo que en decembro do 2013 comezan unha campaña de crowdfunding (financiamento colectivo), que lles leva a recadar o diñeiro necesario para gravar o seu primeiro álbum en Estudos Audiomatic xunto a Isaac Rico e Jose M. Rosillo. ‘Unlocked’ é o resultado de moita ilusión e moito traballo, e contén dez cortes que resumen o espírito e a filosofía da banda, cun son contundente e elegante. Algúns dos temas do disco formaron parte de importantes proxectos audiovisuais como o documental “Salvando ls distancias” (do realizador Álvaro Pastor) e unha campaña da firma de moda Springfield, con Laura Jackson de protagonista.
Hoxe Sunnare, sen deixar de rodar en directo (en varios formatos), céntrase na composición de temas novos e novas producións audoivisuais.
Máis información:
Sunnare son:
- Eva Mena: voz, piano
- David Arribas: baixo, coros
- Andrés Freites: batería
- Pablo Ros: teclados
- Marta Mansilla: frauta traveseira
- Francesco Montemurro: saxo tenor
- Sergio Fernández: trombón
Barrio Rojo
Grupo de Rock Alternativo da comarca do Deza formado por Adrián Negro, Yago Fernández (guitarras),Rodrigo Ramos (voz) Iago Jorge (batería) Ruben Mejuto (baixo).
Para máis información:
- a súa páxina en Facebook