Domingo 31 maio de 2015 • 21:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.
Fado Violado (Fado/flamenco, Porto - formación sexteto)
Os Fado Violado, proxecto musical portugués que cruza o fado co flamenco, nacen das mans de Ana Pinhal e Francisco Almeida noo ano 2008, tras unha primeira colaboración de longo termo nos desaparecidos BoiteZuleika. Ambos do Porto, desde cedo partillaron o gusto polas artes, particularmente pola música, que acabou por ser o elo de conexión entre os dous.
Ana Pinhal comezou por se dedicar á canción pop, á bossa nova e á música popular brasileira de forma afeccionada, até integrar en 2002 os coros de BoiteZuleika, banda coa cal viría traballar até a súa extinción, participando no disco ‘Eramos así’. O desexo de aprender máis lévaa a frecuentar clases de formación musical e canto.
O primeiro contacto co cante flamenco chega pola man do Francisco, que por esta altura xa andaba ás voltas coa guitarra. O profundo interese por esta arte lévaa até Sevilla, onde durante tres anos estuda na Fundación Cristina Heeren. Sorprendentemente é en Sevilla, talvez pola saudade, que o fado conquista o corazón da Ana e que da comuñón coa guitarra do Francisco fai nacer Fado Violado.
Con este grupo presentouse ao vivo en Portugal, España, Francia e Holanda. Actualmente, alén do proxecto Fado Violado, é fadista residente na Casa da Mariquinhas, no Porto, e no Fado in Porto, Caves Cálem, en Vila Nova de Gaia.
O seu compañeiro de escenarios, Francisco Almeida, comeza a súa aventura musical aínda adolescente, integrando varias bandas de garaxe, comezou por tocar baixo eléctrico e por cantar, mais foi coa guitarra que as súas primeiras cancións se crearon. Aos 20 anos a música deséñase xa como opción profesional, os BoiteZuleika acadaban algún éxito con ‘Cão muito mao’ e as peticións para concertos multiplicábanse.
Nesta altura, Francisco comeza a levar o estudo da música e da guitarra máis en serio. En 2003 ten o primeiro contacto coa guitarra flamenca, tendo feito, máis tarde, varios workshops e master clases en Córdoba e Sevilla. Aos 27 anos trasládase de novo a Sevilla onde durante tres anos estuda guitarra flamenca tamén na Fundación Cristina Heeren. Actualmente, alén de Fado Violado, Francisco Almeida acompaña as clases de baile flamenco da profesora Catarina Ferreira, no Contagiarte, Porto.
Entradas anticipadas á venda en Entradium.com
Máis información:
comments powered by Disqus