Domingo 14 xuño de 2015 • 21:00 h Música | 5€

Sumrrá (Jazz, Galiza)

Sumrrá (Jazz, Galiza)

Actuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic

Fai 14 anos e 4 discos que Sumrrá, a banda de jazz galego con máis personalidade e difusión internacional, nacía en Compostela.
 Catorce anos onde o trío se deu a coñecer no seu país, chegando a ser unha das poucas formacións de jazz que coñece o que é o ‘fenómeno fan’, xa que conta con múltiples seguidores.

Conseguido o recoñecemento na casa, Sumrrá quere afrontar a súa adolescencia musical cun quinto disco (que non deixará indeferente a nadie) e centrándose na difusión internacional, da cal xa se deron os primeiros pasos coas xiras realizadas por Sudáfrica, Bulgaria, Bolivia e París.

Un disco que significará o comezo dunha nova etapa do grupo. 
Unha etada onde Sumrrá comezará dunha vez por todas a súa internacionalización.

Máis Sumrrá que nunca. Sumrrá V.

Manuel Gutiérrez — piano


Estudia no Conservatorio de A Coruña, e complementa de forma autodidacta a súa formación con numerosos seminarios, master classes e cursos por todo o territorio nacional con xente como Bill Dobbins, Dave Schinetter, Barry Harris, Joan Enseñat, etc… Profesionalmente non para dende moi novo, realizando a súa labor como pianista, profesor, arranxista e compositor a través de formaciòns, estilos e latitudes xeográficas: Getxo, Madrid, Montreaux, Barcelona, Mallorca, Galicia, Jazz, Blues, Folk, Música Tradicional, Dixie, Música de autor, Bandas sonoras, etc…
Na actualidade, e xa en Galiza, é mestre na Estudio Escola de Música, e ademáis de Sumrrá, forma parte de Victor Aneiros Band, Roberto Somoza Cuarteto, Marcelino Galán Quinteto, ademáis de varios proxectos ca cantante Terela Gradín e outras múltiples colaboracións.

Xacobe Martínez Antelo — contrabaixo


A formación de Xacobe Martínez Antelo é básicamente autodidacta, aínda que cursa estudios nos Conservatorios de Santiago e Vigo, e na Estudio Escola de Música de Santiago. Profesionalmente ten tocado dende rock, pop (Clan Moriarty, 3pies), folk e música tradicio- nal (Mercedes Peón, Marful), blues (Victor Aneiros Band), teatro e variedades (Chévere, Banda Baliza, Ultranoites, Carlos Blanco), pero é ó jazz ó que adica maior actividade, como demostra o traballo que realiza en Xacobe Martínez Antelo Trío e o Xacobe Martínez Antelo Quinteto, a maiores de SUMRRÁ.
Paralelos a estes tres proxectos, está a traballar tamén en U-lo Trío, Monkillos e Pin.Cirera.Legido.Martínez, e outras múltiples colaboracións noutras bandas de jazz como Marcelino Galán Quinteto, entre outras.

L.A.R. Legido — batería


L.A.R. Legido é na actualidade músico, investigador sonoro e mestre de batería, expresión rítmica e improvisación na Estudio Escola de Música de Santiago de Compostela.
Fórmase dende moi novo no CEDI (Centro de Encontro para o Desarrollo da Improvisación, en Madrid) encauzándose ó que será o seu principal foco de actuación e investigación: a improvisación.
A súa experiencia non se limita só á música, senón que traballa con escultores, pintores, videoartistas, performers, etc… Toca en bandas como S.E.M. Big Band, Maruxa y Trío, Terela Gradín Quartet, Fat, KLK, Marcos Teira Cuarteto, Marful, Pin.Cirera.Legido.Martínez etc…
É membro fundador de Parto, grupo de improvisación libre co que mantén varios frentes abertos: Huevopicoaraña (obra para dúas batería) e Trancefusión (manipulación do aquófono, sistema inductor de gotas que activan sons).

sumrra.com

comments powered by Disqus