Sábado 20 xuño de 2015 • 22:30 h Música | 3€
Tales of Monkeys (Indie folk, O Morrazo)
Tales of Monkeys é un grupo morracense de indie folk. Formado hai case dous anos, as súas influencias e crecente experiencia dan lugar a un estilo cheo de contrastes que destacan pola súa personalidade. Despois dun parón de medio ano tras o seu último concerto, volven cun son máis consolidado avalado pola publicación do seu primeiro EP “Guns are all starving”.
comments powered by Disqus