Xoves 25 xuño de 2015 • 21:00 h Música | 10€ ant. / 12€ bill.
The New York Ska-Jazz Ensemble
Entradas anticipadas á venda en:
- Aturuxo (Bueu)
- A Fonte do Galo (Cangas)
- Carnaby (Pontevedra)
- Bar Princesa (Vigo)
- Internet: en Entradium.com
The New York Ska-Jazz Ensemble (NYSJE) é un bloque compacto de músicos con miles de concertos ás súas costas e unha das bandas máis demandadas debido aos seus excitantes directos.
NYSJE naceu durante unha xira europea de The Toasters en 1994. A idea era crear un cambo que, a partir do ska instrumental clásico, abránguese os ritmos e harmonías do modern jazz. Freddie Reiter e Rick Faulkner, dous dos Toasters, pensaron en xente de The Scofflaws e en Devon James, guitarrista dos míticos The Skatalites, para crear a súa superbanda. Todos eles aceptaron.
Dende esa idea inicial ata hoxe en día pasaron máis de quince anos, tempo no que se converteron en todo un referente da música ska, actuando por todas as partes e nos eventos máis importantes do xénero. A súa formación cambiou, tanto que tan só permanece Freddie Rocksteady Reiter, aínda que a súa proposta musical se mantén intacta: interpretar estándares de jazz con ritmos xamaicanos, versionar temas diversos e dar cabida ás súas propias composicións. Con 11 álbums editados e un incrible directo son unha aposta segura non só para os seguidores de reggae e ska, senón para todos os amantes da música negra en xeral.
Na xira estival de xuño e xullo do 2015 a banda presenta en directo o seu novo EP “Free As A Bird”, e estarán acompañados por Kevin Batchelor á trompeta (The Skatalites), reforzando a xa de por sí poderosa sección de ventos.
NYSJE son:
- Rocksteady Freddie: tenor sax, flute, lead vocals
- Kevin Batchelor: trumpet, vocals
- Mark Damon: trombone, vocals
- Alberto Tarin: guitar, vocals
- Earl Appleton: keyboards
- Ben Basile: bass guitar
- Yao Dinizulu: drums
Máis info:
comments powered by Disqus