Xoves 6 agosto de 2015 • 20:30 h Música | De balde
Yacine & The Oriental Groove
Para quen non o saiba, Yacine Belahcene Benet foi un dos fundadores e líderes de Cheb Balowski, banda mítica do son “arabo/balcánico/mestizo” da Barcelona de finais dos anos 90. A continuación natural dese proxecto foi Nour, un grupo que tamén mesturaba sons do Mediterráneo. Ambos os grupos xiran cumpridamente por Cataluña e Europa, con incursións nos países árabes e América Latina.
Yacine reinvéntase unha vez máis con Yacine & the Oriental Groove, unha formación multicultural dirixida por Yannis Papaioanou, laudista grego residente en Barcelona. Xuntos fixeron en 2011 o disco ‘Parabòlic’. Presaxiando revoltas e movementos na beira sur do mediterráneo, era un compendio de cancións pasadas polo ‘turmix’ dun son urbano moi potente.
O novo traballo de Yacine & the Oriental Groove titularase “L’estima venç a salvatgia”, onde segue e madura esta liña. Co núcleo duro dos Oriental Groove xa consolidado, este disco producido grazas a un crowfunding con Verkami (o que demostra a lexión de seguidores que ten Yacine, en Cataluña e en todo o mundo) incorpora unha produción máis elaborada, con colaboracións de músicos gregos, alxerinos e un cuarteto de corda.
Ademais, este traballo levounos a facer unha xira por Cataluña, España, Francia, Alxeria e Canadá, unha totalidade de máis de 50 concertos en 2013.
Música de aquí e de todas partes, electrónica e folk alxerino; pop occidental e melodías de Grecia; funk e polirritmias, que crean unha paisaxe de sons onde o único que non cabe son os discursos fáciles nin os xa tan gastados tópicos sobre a multiculturalidade.
A época cambia: Yacine e os seus músicos creceron e maduraron e xa non son tempos de ‘discursos baleiros’, son tempos de explicar a realidade persoal propia a partir de cancións como ‘Ténéré’ que fala de amor e guerra, ou “atinar Boussa” (Dáme un bico) que fala de liberdade persoal e de achegar unha mensaxe positiva en tempos difíciles.
Máis información:
comments powered by Disqus