Luns 17 agosto de 2015 • 20:00 h Música

Odaiko — Vaia Circo!

Odaiko — *Vaia Circo!*

Baquetas voadoras, tambores usados como aparello, instrumentos manufacturados e música, moita música en directo, son os elementos que utilizan os compoñentes de Odaiko para espertar o enxeño do público nun circo percutense.

Vaia circo!’ é un proxecto didáctico no que Odaiko fai fincapé no tres elementos que sempre os caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena. O grupo fai unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas son os puntos esenciais.

comments powered by Disqus