Domingo 11 outubro de 2015 • 20:00 h Música | 6€ ant. / 8€ bill.

Anaut

Anaut

Actuación participante no programa Artistas en Ruta

Anaut é Rhythm & Blues. Esa mestura de soul, blues e rock á que engaden unha voz propia. Todas as influencias da música negra pasadas pola peneira dun sexteto de músicos residentes en Madrid. Despois de coñecerse nos conservatorios de Pamplona e Ámsterdam, gravaron o seu primeiro disco, de nome ‘140’, en homenaxe ao número de persoas que o financiaron mediante micromecenado en 2013.

Tras presentar o seu primeiro LP en Sala Caracol de Madrid cun ‘ entradas esgotadas’, a banda percorreu España en decenas de concertos. Anaut actuou en festivais como Enclave de Agua (Soria), Festival Sonorama (Burgos) ou o Festival Lavapiés Diverso (Madrid). A súa elección para o programa do Ministerio de Cultura Girando Por Salas (GPS) levoulles a decenas de cidades de España.

Anaut está inmerso na presentación do seu novo single ‘When Your Days Grow Long’, que se estreou en novembro de 2014 no Café Central de Madrid con sete noites seguidas de entradas esgotadas. A xira continuará mentres a banda prepara o seu segundo LP, cuxo lanzamento será en setembro de 2015 e que aspiran a que será un paso certeiro no desenvolvemento deste proxecto, que xa se consolidou na escena da música española.

Máis información:

Entradas anticipadas á venda no Aturuxo e mais en Entradium (sen gastos de xestión).

comments powered by Disqus