Domingo 25 outubro de 2015 • 20:00 h Música | 5 €

Red Beard (Folk/country, Canarias)

Red Beard (Folk/country, Canarias)

Actuación participante no programa Artistas en Ruta

Baixo o chapeu e a barba de Red Beard atópase o músico grancanario Jaime Jiménez Fleitas, un mozo que, segundo evolucionaba no campo da produción musical, foi almacenando tamén ideas propias que ao final decidiu materializar neste proxecto musical, acompañado no escenario por Marco Valero (guitarra eléctrica e banjo), Alba Cabero (violonchelo), Juanma Barroso (baixo) e Álvaro Betancor (violín).

Nesas ideas conta historias ás que pon a música que contextualiza. El nomea entre as súas influencias a Woodye Guthrie, Johnny Cash, La familia Carter, Jimmie Rodgers; trazos máis orquestrais como Ennio Morricone, ou o blues de Taj Mahal, Robert Johnson, Muddy Waters, entre outros.

E segundo os seus produtores, logra evocar coa súa música o recordo dese vello son americano, o son dun caloroso oeste, «entre o folk e algunha pincelada ‘bluseira’, coa redondez case palpable dun coidado son acústico, e con frescor».

https://www.facebook.com/TheRedBeardmusic

https://redbeardofficial.bandcamp.com

Entrada á venda en Entradium

comments powered by Disqus