Sábado 17 outubro de 2015 • 22:00 h Música | 3 €
Club del Río
Actuación participante no programa Girando por Salas (GPS).
En Club del Río, grupo madrileño apontoado en guitarras acústicas e voces cristalinas, resoan os ecos da gran canción latinoamericana, de Chabuca Granda, Mercedes Eslamiada, Atahualpa Yupanqui ou Elkin & Nelson, si, pero tamén do folk anglosaxón, de nova (Fionn Regan) e vella xeración (America).
En ’Monzón’ (2014, el Volcán Música), o álbum de estrea da banda que chega co aval da produción de Juan de Dios, hai harmonías vocais que poderían servir aos seus fins na Costa Oeste naqueles vellos e asollados anos sesenta e guitarras que se encerellan en danzas rituais ao ritmo dos bongós e outras percusións de incitación. Como demostran os dous singles de adianto ’Ídolos’ e ‘Erosión’.
Nacido das cinzas da banda de música electrónica Mute (logo Mutea), o corazón de Club del Río latexa na amizade de Álvaro Ayuso e Esteban de Bergia. Ás súas guitarras e voces súmanse Juan Feo (percusionista), Juan Serra (voces e percusionista), Jacobo de la Viña (baixo), Álvaro Baños (voces e teclado) e Adriano Pezzi (guitarrista) nestas cancións nas que os “ídolos de barro pregoan para xente que escoita sen ver”, hai tipos que buscan e non atopan “algo que odiar” e os “días grises deixarán paso”, confiemos, a “os días de sol”
E se todo isto non serviu para darlles unha idea do que este grupo vén achegar á música española, quizasi lles sirvan as propias palabras dos mozos: “Club del Río é necesidade e inquietude. No deserto é pinga de auga e no inmenso mar anaco de terra”.
Ou, mellor, achéguense a un dos seus concertos. A pesar da mocidade da proposta, contan cunha parroquia entusiasta, crecente e fiel, un grupo heteroxéneo que se reúne ao redor da súa música para compartir a vida, que é para o que sempre serviu o folk.
http://clubdelrio.bandcamp.com
comments powered by Disqus