Domingo 8 novembro de 2015 • 20:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.
Gonzalo Arca
Tras o seu paso por bandas como Vado Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca.
‘Alone At The Crossroad’ (Dotbeat, 2015), preséntase como unha das revelacións do ano. Un traballo que camiña entre o rock, o soul e o country, cos sons clásicos americanos, pero cun aire pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que transmiten por momentos certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos atopados que flúen en perfecta harmonía a través dunha voz moi especial.
Producido por Iago Lorenzo en Vigo e masterizado por Denis Martin no seu estudo de Londres, ‘Alone At The Crossroad’ é un disco elegante, maduro, directo e moi persoal que non te deixará indiferente. Un disco gravado con músicos da talla de Antonio Casado “El Abuelo” e José A. Vilas (guitarrista e teclista de The Cornelius respectivamente), José “Niño” Bruno (baterista de Andrés Calamaro, Def Con Dos, Fito & Fitipaldis,…), Pony João Machado, David Outumuro (batería de Eladio y Los Seres Queridos).
Tras o seu ‘sold out’ na Casa da Cultura de Vilagarcia e na Sala Sónar en Santiago preséntase nunha xira nacional apoiado pola súa participación na película ‘El desconocido’ de AtresMedia e protagonizada por Luís Tosar e Goya Toledo. No coche de Tosar a única música que se escoita é a de Gonzalo Arca, e da que a banda vai ter apoio promocional.
O disco entrou directamente no Top 3 de MondoSonoro, tivo críticas tan boas como a de Nonito Pereira, Carlos Crespo (Fugas), e portais dixitais como La Voz Telúrica, Batuta Comunicación, Hipsterian Circus, etc, chegando a soar en diversos programas de Radio 3.
No directo acompáñano músicos de Vilagarcia e a súa contorna como Antonio Casado “El Abuelo”, Pablo Pérez (Lisa & The Lips, Newman), Nacho Pérez (prestixioso guitarrista de jazz que deu a volta ao mundo co seu traballo), David Vidal ao baixo, Seir Caneda aos teclados e Tom Risco á batería, segundo a dispoñibilidade de cada un. Pero sempre garante unha banda de auténtico luxo.
Se realmente che gusta a música en directo, non debes deixar de aproveitar esta ocasión de descubrir unha banda con son americano nada en Arousa.
Esta actuación participa na Rede Galega de Música ao Vivo da Agadic.
Entrada anticipadas á venda no Aturuxo e mais en Entradium.com (sen gastos de xestión).
comments powered by Disqus