Sábado 14 novembro de 2015 • 22:00 h Música | 9€ ant. / 12€ bill.

D'Callaos

D'Callaos

Os vindeiros concertos de D’Callaos, que realizarán até o próximo mes de decembro, serán moi especiais, pois será a última oportunidade de poder velos durante un tempo. A partir de entón o grupo fará un parón que os manterá afastados do escenario por unha temporada. Non se trata dunha disolución da banda, nin dun parón indefinido, tan só dunha pausa para coller aire despois dun ritmo de traballo frenético durante estes 10 anos.

D’Callaos celebra o seu 10º Aniversario cunha xira de concertos nos que fan un repaso dos seus 4 discos de estudo. Nestes concertos, ademais, poderemos velos cunha formación de 5 músicos (voz, guitarra flamenca, guitarra eléctrica, bateria e baixo).

Entradas á venda no Aturuxo e mais en Codetickets (0,50€ de gastos de xestión).

Foto: Xabicas

comments powered by Disqus