Domingo 6 marzo de 2016 • 20:00 h Música | Entrada + CD: 12€ ant. / 15€ bill.
Eskorzo + Solfabirras
‘Sé Feliz’ é o novo single de Eskorzo e o nome da nova xira coa que se presentan no Aturuxo o vindeiro domingo 6 de Marzo.
Cando se cumpren 20 anos da formación, a banda nazarí lanza ‘Se Feliz’, o terceiro single do seu aclamado disco ‘Camino de Fuego’, así mesmo lánzanse á estrada de novo cunha nova xira, ‘Sé Feliz Tour!’.
‘Camino de Fuego’ foi catalogado como un dos mellores discos do século XXI e o mellor disco da súa carreira. Un disco innovador que marcou un antes e un despois na world music, o rock latino e a chamada mestizaxe. Os pais do xénero seguen abrindo horizontes e seguen sendo, hoxe máis que nunca, unha banda de culto.
Pero como sabemos Eskorzo en concerto supéranse, son os seus directos o seu forte, unha invocación rítmica e lírica espeluznante, unha orxía festiva e chamánica que desde o lanzamento de ‘Camino de Fuego’ pasearon por toda a xeografía española, Suíza e Alemaña en máis de 100 ocasións e, por certo, colgando o cartel de non quedan entradas en moitas delas.
Mentres a banda xa empeza a compoñer as primeiras cancións do seu seguinte álbum que verá a luz en 2017, teremos a oportunidade de gozar dos seus concertos ata verán de 2016. Queda ‘Camino de Fuego’ para longo.
Que sexan felices.
Entradas anticipadas á venda en Ticketea.
comments powered by Disqus