Domingo 15 maio de 2016 • 21:00 h Música | 5€

Cromática Pistona

Cromática Pistona

Cromática Pistona é unha banda madrileña concibida como orquestra popular de swing-jazz, que ofrece unha particular mestura de estilos: swing, dixieland, manouche, balkan, rock’n roll… un rocambolesco cocktail de referencias musicais, con letras en castelán, inglés, francés e italiano.

O grupo está capitaneado por Errukine, alias Hurricane Pistone, a poderosa e carismática vocalista que brilla sobre as táboas, arroupada por unha banda cunha elegante posta en escena e un repertorio con vocación festiva que convida ao baile.

Casta Brava é o título do segundo traballo de estudo de Cromática Pistona, que continúa o ronsel de Porca Troika (2012), o seu primeiro LP. Gravado en Red Led Recording Studios (Madrid), e producido e editado pola propia banda, co apoio de GPS (INAEM).

Trátase dun EP con 6 cancións máis un bonus track, no que se ofrece unha sorprendente reinterpretación da música popular, sempre divertida e bailable, e sempre nas marxes do jazz. Composicións cun decidido espírito vintage, pero cun son e concepto actual. O disco conta con colaboracións de Rubén Durán e Roberto Lorenzo (Alamedadosoulna), Kike Branco (The Groovin’ Flamingos), Juanan Rivas (Boikot, The Locos) ou Noelia Romeu (The Clams), entre outros.

http://www.cromaticapistona.com

comments powered by Disqus