Mércores 25 maio de 2016 • 21:15 h Teatro | 4€

Estrea - 'Un par de hostias en vinagre' (Elástica & Cía)

Estrea - 'Un par de hostias en vinagre' (Elástica & Cía)

Habitamos un só universo ou o noso “Eu” se define entre existencias a través do Espacio e do Tempo? E se tivésemos un “dobre cuántico” para interferir nas nosas escollas época tras época?

Un par de hostias en vinagre” conta a historia de Petra Potemkin e Lola Lee, dúas mulleres desdobradas e unidas polo destino, independentemente da coordenada cósmica na que se encontren.

Un par de hostias en vinagre” é un espectáculo cómico, musical e irreverente onde as actrices Sandra Lesta e Paula Sanmartín, combinan o humor acedo co absurdo para reflectir sobre a propia existencia e o fin da humanidade nun universo multiplicado.

Elástica & Cia  é unha compañía de nova creación que  nace no 2015 coa unión de catro profesionais das artes escénicas, plásticas e musicais que tras unha longa traxectoria individual deciden xuntarse para establecer un espazo común de diálogo e liberdade creativa onde podan confluir as súas diferentes linguaxes, propiciando así a aparición dunha identidade propia e xenuina.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

comments powered by Disqus