Domingo 5 xuño de 2016 • 13:00 h Música | De balde

Ukestra do Medio

Ukestra do Medio

[Actuación ao aire libre no marco do Mercadillo de artesanía e segunda man]

A Ukestra do Medio é unha orquesta de ukeleles nada na Escola do Medio (barrio de San Pedro - Compostela) a finais de 2013 baixo a dirección do músico Bernardo Martínez. Despois dun ano de arduos ensaios consiguen montar un repertorio variado e divertido acadando gran aceptación por parte do público e gañándose o apodo de “Ukestra feliz”. Nos seus concertos levan ao seu terreno pezas dos mais diversos estilos: de clásicos do rock’n’roll, country, swing ou pop a cancións tradicionais galegas, fados, cumbias tangos ou bossanovas.

Entre os autores aos que renden homenaxe están: Mills Brothers, Neil Young, Os Cempés, Martinalia, Norah Jones, Shocking Blue, Lou Reed, Carlos Gardel, António Zambujo, Os Novos, Los Panchos, The Black Keys, Tears for Fears, Human League, Tom Waits, Bad Religion, José Afonso, Patsy Clain, Rammstein,…

Foto: Yolanda Ataraxia

Entrada de balde.

comments powered by Disqus