Venres 17 xuño de 2016 • 23:00 h Música | De balde
Marabunta (Rock, Murcia)
Marabunta é unha banda formada en Murcia no ano 2010. Desde os seus comezos céntranse en crear un son propio, no que todos os instrumentos teñan a mesma importancia, dentro da contundencia e influencia da música rock. Letras cargadas de contido e un directo de pura enerxía, fan que a banda non deixe a ninguén indiferente.
Sobre o 2013 e cunha formación algo máis ampla (teclados, sintetizadores e secuencias) entran en estudo (La Sala de Máquinas, Lorca), onde se poñen nas mans de Manuel Torroglosa. É alí onde nacen os primeiros 4 temas que dan forma ao seu primeiro Ep (non editado) e empezan a presentalo en salas e locais de Murcia.
A fórmula non estaba do todo puída e é polo 2015, cando deciden modificar a estrutura da formación, quedando 3 dos 5 compoñentes da banda activos. Ao eliminar secuencias e teclados, a banda decide emprender unha nova viaxe e empeza unha andaina con novo son. É entón cando deciden polo 2016, volver poñerse en mans de Manuel Torroglosa e gravar o seu segundo EP, de 6 temas, ‘Hechos Consumados’ e co que púen totalmente o son Marabunta que tanto andaba buscando a banda, sobre terreos máis maduros.
comments powered by Disqus