Domingo 24 xullo de 2016 • 21:30 h Música | 7€ ant. / 9€ bill. | Ao aire libre 🌿🌳🌛
Terrakota
Entradas anticipadas á venda no local e mais en:
- Bar O Diaño (Charino 33, Pontevedra)
- A Bolera (Moaña)
- http://entradium.com/entradas/terrakota (sen gastos).
Desde o regreso en 2015, a formación renovada de Terrakota regresou aos escenarios como unha banda renacida, deixando que as novas músicas e os novos músicos da familia Kota guiasen o camiño para a gravación do sexto álbum. Agora na fase final de mestura, o álbum conxuga a singularidade do son rootskota con algunhas sorpresas. A procura constante de cruzamentos sonoros dentro do caldeiro multi-étnico continúa!
Terrakota funciona como unha especie de xerador de alquimia musical, producindo unha música sincera e actual, un roots moderno libre e sen fronteiras. O punto de partida é, como sempre, África, trillando as rutas dos escravos no sentido inverso e absorbendo a fantástica diversidade musical que alí naceu e se difundiu polo mundo.
O primeiro single, Mexe Mexe, é unha das sorpresas do álbum. Unha batida cativante orixinada polo loop de guitarra e kalimba cun forte sabor a soukouss e merengue, que funde Congotronics con ritmos lusófonos. Este tema asume a experiencia de aliar o son da percusión de raíz a unha abordaxe electrónica, tornada posíbel polo guru dos beats e eminente produtor underground lisboeta Beat Laden, coñecido polo traballo con Batida, entre outros.
“Tentei facer algo que soase a Terrakota, non só un remix no sentido máis común do termo”, explica Beat Laden, que xa produciu os dous últimos albums da banda (World Massala e as Re-Cooked Sessions ). “A idea era traer a electrónica e crear unha música para a pista, sen perder o feeling orgánico da banda. En vez de só recorrer a beats programados como base rítmica, tentei traer a batería e percusións orixinais, reforzándoos con algúns elementos electrónicos - para tornar o ritmo máis marcado e contemporáneo”.
Mexe Mexe refírese ás consecuencias da crecente loucura desenfreada e egoista das estratexias políticas e económicas da Europa, baseándose na experiencia portuguesa da banda. Mexe Mexe incita a todo o mundo a abrir os ollos e a pensar, para filtrar o neboeiro da manipulación do monólogo dos mass media. Convídanos a bailar contra os medos e os problemas.
O videoclip foi dirixido por Gonçalo Sarmento, un dos novos elementos da banda, en colaboración co animador francés Nicografx. Efectos psicadélicos vintage, distintos estilos de danza e de xente, simbolizando a riqueza dun mundo sen fronteiras, onde as culturas se funden e se inspiran mutuamente e a diversidade é celebrada, sen a imposición da uniformización forzada.
comments powered by Disqus