Xoves 28 xullo de 2016 • 21:00 h Música | 2€ | Ao aire libre 🌿🌳

Tales of Monkeys, The Dragon Wave

Tales of Monkeys, The Dragon Wave

Tales of Monkeys

Despois do seu primeiro lanzamento a principios do ano pasado, o grupo morracense de folk centrouse na procura dun son máis persoal co que sentirse identificados. Con esta premisa e tras consolidar o seu novo repertorio máis enfocado cara ao eléctrico, Tales of monkeys está a preparar un segundo EP máis reverberizado e contundente co que representar o seu actual directo.

https://talesofmonkeys.bandcamp.com

The Dragon Wave

Somos The Dragon Wave e neste concerto poderedes escoitar bo metal sinfónico con cancións como ‘Endless forms most beautiful’ ou ‘To hell and back’, cancións propias, algún clásico do rock como ‘The Wall’ de Pink Floyd e algunha que outra acústica. Todo isto da man de: Román Filgueira (guitarra solista) , Samu Igrexas (guitarra rítmica), Lara Sampedro (batería), Sabela Díaz (voz), Sara Álvarez (segundas voces e frauta), Anxo Rosendo (baixo), e Héctor Rodríguez (teclados).

comments powered by Disqus