Domingo 21 agosto de 2016 • 21:00 h Música | 4€ ant. / 7€ bill. | Ao aire libre 🌿🌳
Pelepau
Entradas anticipadas á venda no local e mais en http://entradium.com/entradas/pelepau
Pelepau nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 12 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego.
A proposta que fai Pelepau baséase nas cantigas de taberna arranxadas para voces e percusións tradicionais cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público.
‘Fío e agulla’, o seu primeiro traballo discográfico, fai un percorrido pola música popular galega, mesturada e influenciada polos ritmos tradicionais das culturas que durante anos, e no mesmo presente, conviven coa colectividade emigrante galega, interpretadas cun chisco de humor.
O repertorio de ‘Fío e agulla’ caracterízase por trasladar ao ouvinte ás festas populares de Galicia (romerías, seráns, foliadas, etc), incitando ao movemento corporal pola presenza ben marcada da percusión.
comments powered by Disqus