Xoves 8 setembro de 2016 • 21:00 h Música | 3€
Angatu (Reggae, Brasil)
De orixe tupí, Angatu significa “alma boa”. Ritmos envolventes que mesturan estilos e influencias con moi bo gusto. A espiña dorsal do grupo é o reggae orixinal xamaicano, con fortes influencias do hip-hop, ska, jazz e música popular brasileira, resultando nunh a sonoridade peculiar.
Letras con reflexións poéticas sobre grandes cuestións que nos aflixen coma especie. O amor é o tema máis recorrente, pero non tanto no sentido romántico como principalmente no seu aspecto espiritual. Reflexións sobre a humanidade, a fe e a transitoriedade da vida tamén son temas importantes.
http://www.bandaangatu.com/ https://www.facebook.com/AngatuMusic
comments powered by Disqus