Mércores 28 decembro de 2016 • 21:30 h Música | 5€

ESD

ESD

ESD é un cuarteto formado por dúas guitarras, teclados e batería, cun son eléctrico e un enfoque orgánico. É jazz, pero tamén é rock, música progresiva e por momentos improvisación libre psicodélica.

Este é o cuarto traballo liderado por Xan Campos, despois de Ida e volta, Orixe cero e Ectropía, que decide apostar por un son eléctrico, difícil de etiquetar e transgresor.

Os 9 temas que compoñen ESD naceron entre Copenhague, Berlín e Amsterdam. As tres cidades convértense en paisaxes sonoras ás que Campos rende tributo, desde Gama de grises a Memorias de Berlín, unha viaxe frenética por tres mundos e tres experiencias vitais.

ESD son:

  • Virxilio da Silva: guitarra
  • Wilfried Wilde: guitarra
  • Xan Campos: teclados
  • Iago Fernández: batería
comments powered by Disqus