Domingo 5 febreiro de 2017 • 20:30 h Música | 5€

Palankalama

Palankalama

Fundado a finais de 2014, Palankalama é un cuarteto que reúne músicos do Porto. Todos eles percorren unha diversificada actividade musical en proxectos desenvolvidos en varias áreas artísticas. Entre concertos, sonoplastia, creación de bandas sonoras para teatro ou cinema e colaboración con artistas plásticos, os catro colaboran nun proxecto común de música instrumental no cal conflúen as súas prácticas e referencias musicais.

As composicións de PalankaLama son baseadas na libre citación, asociación e reapropiación de linguaxes e estilos (como o jazz, a música popular portuguesa, o folclore, o rock), tendo por fin a creación de paisaxes musicais nas cales sobresaen atmosferas cinematográficas.

Iconoclasta e dada á fabulación, a música desta banda pode ser oída como unha banda sonora sobre un tempo e un territorio xeográfico imaxinario dedicado á preservación da memoria das músicas do mundo.

  • Pedro João - Bandolina + Guitarra
  • José Ricardo - Guitarra
  • Anibal Beirão - Contrabaixo
  • Rui Guerreiro - Batería + Percusión
comments powered by Disqus