Venres 17 febreiro de 2017 • 23:00 h Dj | De balde

Dj Miguelito Superstar

Dj Miguelito Superstar

Vocalista de Fundación Tony Manero.

Produtor para FTM, Chocadelia internacional, Joe Bataan, Los Fulanos, Mantecao y su combo de rumba moderna, Banda Achilifunk, Hipnotik Orchestra, La Soul Machine, The Risas…

Remesturador para Mojo Project, 2in Par, Gigi El Amoroso, FTM, Los Fulanos, Midnight Lab Band, Chacho, Colors Sound System, Pyramid Blue, Wild Honey, Mazoni, Makala Jazz Funk Band…

As súas producións foron editadas por selos como Love Monk, Vampisoul, Names You Can Trust, Zona Bruta, RGB ou Achiliboots.

En decembro de 2013 lanzou o seu primeiro proxecto en solitario “Space, Time, Memory and Cats”, un mixtape no que recollía algunhas das súas producións en clave dub. Editouno Lovemonk en formato cassette e unha tirada limitada a 100 copias.

O ano pasado o selo neoiorquino Names You Can Trust editoulle un 12” ao seu nome titulado ‘Superficial Dubs’ no que insistia na súa obsesión aplicada ao música disco. Neste caso tres temas do último disco de Fundación Tony Manero recibían o tratamento dub.

Este 2016 celebrou o vinte aniversario de Fundación Tony Manero coa edición dun 7” en acústico e un EP titulado ‘V.I.D (Very Important Discotecas)’ no que rendían homenaxe aos pioneiros do música disco estatal e colaboraban coas míticas Baccara.

E, si, tamén pon discos.

comments powered by Disqus