Mércores 15 febreiro de 2017 • 20:30 h Clases | 5€
Taller de danza africana (Clase aberta)
Clase aberta (5€) Máis info e inscricións: Cristina 658937556
A danza africana é unha corrente artística resultante do encontro das danzas da África negra co mundo occidental, e agrupa, por tanto, todas as danzas tradicionais, así como as danzas de raíces africanas derivadas desta unión.
Neste taller acercarémonos a cultura tradicional africana a través da súa música e danza, fundamentalmente sobre a base dos ritmos malinké (costa oeste africana). O ritmo é elemento básico da música africana asociada de forma case inseparable á danza.
Son universalmente recoñecidas as propiedades terapéuticas desta práctica: consegue fortalecer todos os músculos, permite traballar a coordinación e disociación do corpo, potencia a creatividade individual (gracias ao traballo de improvisación de movementos); dende o punto de vista psíquico, a percusión é capaz de erguer o ánimo: o ritmo flúe por brazos e pernas e do interior sae unha enerxía de carácter alegre que nos axuda a liberar todas as tensións que levamos dentro.
Ademáis, o segredo dos ritmos africanos reside na súa importancia social; conseguen que os homes e mulleres participen, que se movan e que se acerquen uns aos outros.
Calquera persoa pode aprender a bailala, pero para elo necesitamos crer na nosa propia capacidade de expresión corporal: “Saber danzar é en primeiro lugar e sobre todo, tomar conciencia do teu corpo e ser capaz de impoñerte certos movementos, certos xestos, en harmonía cun ritmo musical dado”.
Cristina Malvárez
Bailarina, profesora de danza e coreógrafa. Comeza a súa carreira profesional co bailarín cubano Rafael Mendiola (Santiago de Compostela, 1989) e como membro estudiante da Asociación Española de Bailes de Salón (Barcelona, 1990). A partir de entón, recibe continua formación a cargo de prestixiosos profesionais nacionais e internacionais, e crea a Escola de baile “Pasos” que dirixirá xunto a Miguel Abreu durante 10 anos.
Con Germaine Acogny iniciase na danza africana (Sitges, 1991). A súa paixón pola música de percusión a leva a Senegal, onde mantivo contacto directo ca cultura e a danza africana tradicional. Máis adiante continúa a súa andadura de carácter africano, asistindo a cursos con mestres de Ghana, Costa de Marfil, Togo, Angola, e Portugal. Participou en numerosos festivais multiculturais e outros eventos, acompañou a grupos como Deggo ou Caixa de Tambora nos seus concertos, e compartiu o espectáculo “Ecos do mundo tribal” con Omar Percusión Group.
Na actualidade continúa a súa investigación sobre a danza baseada na percusión, desenvolve o seu proxecto “Mesturas Danza” en Pontevedra, e imparte talleres por toda Galicia.
comments powered by Disqus