Sábado 18 marzo de 2017 • 21:00 h Música | 9€ ant.

D'Callaos

D'Callaos

Fillos de emigrantes andaluces, os compoñentes de D’Callaos se crían escoitando a Triana, Lole e Manuel, Guadalquivir… para posteriormente empaparse de todas as influencias musicais da Barcelona dos 90, desde o rock e o pop ata o jazz ou as músicas do mundo, creando un son propio e persoal que cativa cada día a un número maior de fieis seguidores.

Máis de dez anos sobre os escenarios, catro discos de estudo, dúas maquetas, un DVD en concerto, unha app para móbiles, un espectáculo teatral, xiras internacionais e unha fiel aposta pola descarga gratuíta da súa música son os seus signos de identidade.

Con residencia en Terrassa, Barcelona, pasearon a súa arte por toda Europa, actuando en países como Francia, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, Portugal, Grecia, Hungría… En outubro de 2012 realizaron unha xira de 3 concertos en Exipto e para o futuro máis inmediato teñen en mente realizar as súas primeiras actuacións en Sudamérica.

Entradas anticipada á venda en A Bolera (Moaña), O Diaño (Pontevedra), Aturuxo e mais en Ticketea.com.

comments powered by Disqus