Domingo 2 abril de 2017 • 21:00 h Música | 6€

Javier Navas Quartet

Javier Navas Quartet

O cuarteto liderado por Javier Navas supón unha visita a un repertorio jazzístico auténtico e cheo de modernidade, agrupación onde o vibráfono de Javier desenvólvese con maiores doses de expresión e enerxía.

Para iso, rodeouse dunha sección rítmica de primeirísimo nivel no panorama nacional, todos eles músicos referentes nos seus instrumentos. Juan Galiardo (piano), Bori Albero (contrabaixo) e Dani Domínguez (batería), músicos dunha dilatada experiencia como solistas e acompañantes. Tocaron e participaron nos clubs e festivais máis recoñecidos do jazz actual. Forman parte dalgúns dos proxectos máis interesantes do panorama jazzístico actual en España.

En maio de 2016 publicouse o primeiro disco da formación, Finally in my hands, cun repertorio integrado por composicións de Javier Navas, coa colaboración especial de Enrique Oliver, ao saxofón tenor.

https://www.javiernavasmusic.com/

comments powered by Disqus