Domingo 23 abril de 2017 • 21:00 h Música | 5€

Cora Sayers

Cora Sayers

Cora Sayers, álter ego musical da actriz Cora Velasco, comeza a súa andaina en solitario no verán de 2014, tras pasar como corista e cantante de grupos de blues, de rock folk, funk e pop, en setembro de 2014 grava e mestura o seu primeiro EP, “Origen”.

Durante a primeira metade do 2015 toca en diferentes salas tanto de Pontevedra como de Madrid e participa en diversos festivais de verán. En abril dese ano cede os dereitos dun dos seus temas en acústico, “He Rules in Purple” para ser BSO do curtametraxe “Constelación Urbana” (Luís Galán), presentado este ano no Festival de Cannes.

En setembro de 2015 grava o seu primeiro LP, que se titulará “I’m Home” nos Estudios Montealto (A Coruña). Despois de ser mesturado no mesmo estudo, o masteriza en Mystery Room Mastering (Wisconsin)

En xaneiro de 2016 lanza o seu álbum “I’m Home” e preséntao en salas de todo o territorio galego, así como fóra del. No verán de 2016 toca en festivais como o Armadiña Rock, SilFest, Feito a Man e o Noroeste Pop Rock na Coruña, onde telonea a Triángulo de Amor Bizarro e Ocean Colour Scene, tras quedar finalista do concurso de maquetas de Cuac FM.

No outono de 2016 presenta o seu segundo videoclip, da man de Producións Mutantes, así mesmo estrea o seu primeiro single en castelán ‘La Ciénaga’. A finais dese ano, xira polo sur, visitando Toledo, Sevilla, Málaga e Granada.

Comeza o 2017 virando por Madrid, Barcelona, Zaragoza, Xixón, Ponferrada e Lugo. No primeiro semestre do ano participará na festa demoscópica de Mondosonoro para grupos emerxentes, no Santiautor, en dous concertos do ciclo Club-E de Estrela Galicia (teloneando a Silvia Penide e ás Árbores) e virará por Europa, tocando en Lisboa, Porto, Bordeus, París, Bruxelas, Berlín, Colonia e Copenhague.

comments powered by Disqus