Sábado 22 abril de 2017 • 22:00 h Música | 9€ ant. / 11€ bill.
La Gran Orquesta Republicana + García MC
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Con esta frase presenta La Gran Orquesta Republicana a súa “Gira Utopía”, unha xira que leva á banda para celebrar os 20 anos nos escenarios e a percorrer 12 cidades de toda a peninsula en 13 días do mes de abril, uns días antes tocaron na capital da súa illa de Mallorca para inaugurar a xira.
La Gran Orquesta Republicana é unha banda de ska-fusión formada en 1997 na illa de Mallorca, por Javier Vegas e o seu irmán Nacho. No seu traballo alternan sons ska, punk, reggae, etc. sempre co rock como base. A súa música incita ao baile, á diversión; as súas letras á reflexión política.
La Gran Orquesta Republicana pretende, a través da mestura tanto de música como de ideas, incitar a bailar e pensar, a rir e pelexar contra a apatía, o aburrimento, o pensamento único e a idiotez que provoca a indiferenza.
La Gran Orquesta Republicana xogan coa mestizaxe pero non imitan a Mano Negra. Teñen ritmos ska pero non copian a Doctor Calypso. Os seus riffs rockeiros non queren calcar os de Extremoduro. Máis ben toman o mellor de cada estilo: rock, ska, calypso, hardcore, reggae, todo o inclúen na súa cocteleira e preséntannolo cun son renovado e elaborado. Perfecto para alegrarche o día.
La Gran Orquesta Republicana edita 4 discos entre 1997 e 2004. A finais do ano 2006 a banda anuncia un parón, 5 anos despúes regresa aos escenarios e en 2014 edita o seu último disco ata a data, “Todo es posible”, disco autoeditado grazas ao exitoso resultado dunha campaña de crowdfunding. O grupo vira na actualidade coa formación orixinal de 6 musicos: batería, baixo, guitarra, saxo, trombón-trompeta e voz.
Entradas anticipadas dispoñibles no Aturuxo e en entradium.com.
comments powered by Disqus