Domingo 14 maio de 2017 • 21:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.

Frankie Chavez (Blues/folk/rock, Portugal)

Frankie Chavez (Blues/folk/rock, Portugal)

Frankie Chávez é un dos músicos máis orixinais da nova escena musical portuguesa; referíronse a el como a nova revelación de blues do sur de Europa. A súa música combina unha ampla gama de sons que resultan nun blues/folk/rock composto por ritmos limpos e outros máis crus e psicodélicos. Cun directo espectacular, unha das súas peculiaridades é o seu enfoque da guitarra portuguesa, utilizando diversos modelos, con diferentes afinacións, tambores personalizados e unha ampla serie de pedais de efectos.

O seu último proxecto, “Heart & Spine” foi nomeado aos premios Impala na categoría de Mellor Álbum. Na súa xira por Galicia, ademais dos temas que compoñen “Heart & Spine”, Frankie e a súa banda presentarán por primeira vez algúns dos temas que forman parte do seu novo álbum, previsto para ver a luz en maio de 2017.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo (Agadic).

comments powered by Disqus