Mércores 31 maio de 2017 • 21:00 h Música | 6€
Fee Reega
A cantautora alemá afincada en Asturias Fee Reega practica un folk intimista de letras surrealistas matizado polo toque da súa persoal voz.
Cancións cheas de detalles inquietantes e escabrosos, de imaxes líricas, oníricas, de delicados retratos de momentos da vida cotiá. Temas doces e escuros cantados en castelán con acento xermánico e que tras editar “L Raptora” en 2014 foise consolidado na escena independente española.
Agora, a través de Humo e tras unha multitude de demos, cassetes, gravacións autoproducidas, colaboracións con artistas da talla de Nacho Vegas ou Pablo Und Destruktion e unha chea de concertos dentro e fóra das nosas fronteiras, edita “Sonambulancia”, o seu segundo álbum de estudo e que presentará xunto á súa banda por toda a xeografía española nos próximos meses.
comments powered by Disqus