Domingo 11 xuño de 2017 • 13:00 h Música
Loiros
LOIROS é o novo proxecto do baterista Héctor Agulla e o guitarrista Virxilio da Silva, habituais da escena jazzística galega. Desta volta, deixan a un lado a tradición máis arraigada no jazz e mergúllanse nunha peculiar mistura estilística que vai dos clásicos impresionistas a melodías pop, sendo o rock progresivo e a psicodelia a columna vertebral do cuarteto.
As cancións xorden da posta en común do imaxinario musical dos dous artistas, permeables a influencias tan dispares como Nick Drake, Tame Impala, Brad Mehldau, Reinier Bass, Debussy, Incubus…
Completan a formación o tamén guitarrista francés Wilfried Wilde e o baixista alemán Felix Barth.
comments powered by Disqus