Mércores 16 agosto de 2017 • 21:30 h Música | Ao aire libre 🌿🌳 | 4€ ant. / 6€ bill. (con consumición)
Coanhadeira
Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque galegos e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca (Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L’Orient (Francia), entre outros.
No 2015, lanzan tras un longo período de traballo, o seu novo álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa, contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.
Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.
comments powered by Disqus