Domingo 5 novembro de 2017 • 20:30 h Música | 6€ ant. / 8€ bill.
Dakidarría (en acústico)
Dende Galiza chega un dos grupos que máis está dando que falar dentro do novo panorama musical estatal. Dakidarría é unha banda formada por oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indeferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso.
Tras catorce anos na rúa, editaron cinco discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008), “Realidades alienantes…” (Revolution Produccións, 2010), “… Utopías emergentes (Maldito digital, 2011) e ”De cuncas e de mar” en directo (Maldito Records, 2015).
Durante este tempo presentaron o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e parte de Europa (ademais dunha xira que nos levou a percorrer a República Mexicana) actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación. O espírito da banda céntrase no traballo constante en todos os apsectos que conleva o mantemento dunha banda cunha longa traxectoria.
Entradas á venda no Aturuxo e mais online.
comments powered by Disqus