Xoves 30 novembro de 2017 • 21:00 h Música | 5€
Api Uiz e Alexandre Losada
Api Uiz
Dende hai máis de vinte anos e fóra dos circuítos comerciais, os membros de Api Uiz funcionan como unha célula autónoma a través dos escenarios de toda Europa e ata América.
Intensamente enérxica, áxil nas viravoltas e rápida nas rectas, a música de Api Uiz é complexa sen seren complicada e evita, case sempre, o accidente…..por pouquiño!
As estruturas polirrítmicas e os cruces da enerxía punk coas secuencias do zouk convértense case en música africana, en rock experimental inestable de fluxos eléctricos. Curvas estreitas que os encamiñan ao sur, para seren illas imperdibles. Groove fervente, enerxía tráxica e ritmos sobreexcitados. Rock de espíritu punk colorado de rumba congoleña e pop decadente.
As composicións son unha alternancia de partes repetitivas e voos febrís. E detrás de todo iso, ritmos ruidosos onde sobreviven melodías sedutoras e extravagantes. Porque o grupo sempre espera contribuír á supervivencia da alegría y do drama.
Alexandre Losada
Alexandre traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra (preparada moitas veces) coma fonte infinita de sons agochados, fráxiles. Emprega a guitarra para torturala, agarimala, retorcela e facerlle cóxegas coas súas estranas técnicas, nun proceso cheo de sutileza pero que non escapa da crudeza e da enerxía.
Alexandre fai parte dos poliédricos Urro e colaborou con cineastas, espectáculos de danza contemporánea e músicos como Ab Baars, Petr Vrba, Ilia Belorukov, Miguel A. García, Georgy Badasarov, Kurt Liedwart ou George Cremaschi entre moitos outros.
comments powered by Disqus