Sábado 16 decembro de 2017 • 23:00 h Música | 4€ con consumición

Club del Río

Club del Río

Club do río aterra en Bueu coa xira AIE Sociedad de Artistas que lles levará por toda a península cos seus sons novos e movementos vibrantes. A súa música leva a frescura do propio e o misterio do alleo. Sen etiquetas, prefire considerarse como un viño caseiro, afrutado pero amargo. UN SOL DENTRO está rulando pola vosa city.

Moitos de vós sodes clubeiros pero aínda non o sabedes, por iso debedes achegarvos a vivir a catarse dos seus directos crus e emocionais e unirvos a este club de xente maldita pero alegre á fin e ao cabo.

Empeza a xira cluberada. Virvos de viaxe connosco, hostais mugrientos ensínanche a amar mellor. Furgonetas fedorentas ensínanche a ser máis cariñoso. Son todo vantaxes. Aceptamos invitacións e suxestións.

comments powered by Disqus