Xoves 28 decembro de 2017 • 18:00 h Para público familiar | De balde
Que vén o Apalpador!
Para as cativas e cativos:
O Apalpador Volta de novo o próximo xoves 28 de decembro ás 18:00 da tarde. Chegará das montañas do leste do país acompañado de todos os seus amigos e amigas.
Fará unha viaxe moi longa só para estar connosco neste día, e é por iso que merece un bo recebimento!
Cativas, Cativos: non podedes perder a oportunidade de velo, que ata o ano non volta!!
Máis detalles sobre o Apalpador:
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é unha personaxe mitolóxica da cultura galega.
O Apalpador foi unha personaxe descoñecida durante décadas afora as montañas de Lugo ou Ourense na Galiza. En 2006 editouse o primeiro estudo coñecido a respecto del. En 2007 diferentes asociacións culturais iniciaron a súa promoción en cidades como Santiago de Compostela ou Ourense como “Pai Natal galego”). En 2008 saltou á escena informativa xeral, adherindo a súa difusión centros culturais, escolas, contadores de contos, ou entidades como a radio pública galega.
Algúns autores apuntaron a súa conexíon con outros mitos culturais de Europa como Olentzero en Euskadi ou Esteru en Cantabria ou o propio Pai Natal.
Máis detalles:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?pax=pax5.php
http://agal-gz.org/blogues/index.php/apalpador/
comments powered by Disqus